Mulleres
Un movemento feminista!

A participación e o liderado das mulleres é ante todo un dereito humano básico que debe ser garantido, co fin de asegurar o exercicio do resto dos dereitos humanos e liberdades fundamentais sen excepción: educación, emprego, saúde, dereitos sexuais e reprodutivos, vida na comunidade, relacións familiares, participación política, empoderamento económico, acceso á xustiza…
Con todo, as mulleres con discapacidade intelectual teñen moi complicado o acceso a estes dereitos básicos, non só por ser mulleres, senón por ter unha discapacidade e porque esta discapacidade sexa intelectual.
É o que coñecemos como tripla discriminación.
No seu caso a inequidade e a discriminación prodúcense de forma máis constatable en todos os ámbitos citados, estando ademais máis expostas a todo tipo de abusos e violencia no día a día.
O PROGRAMA DE MULLER DE FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA
Para tentar paliar esta situación, dende FADEMGA Plena inclusión Galicia organizamos e promovemos diferentes accións dirixidas á prevención, a unha maior participación social, ao fomento da corresponsabilidade e á promoción da saúde das mulleres con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Entre estas accións cabe destacar:
- A creación de espazos que favorezan o empoderamento e o desenvolvemento persoal e social.
- Formación, tanto a mulleres con discapacidade intelectual como a profesionais do sector sobre prevención do abuso, igualdade de xénero e dereitos.
- Campañas de visibilización social.
- Apoio ás entidades federadas para abordar aspectos relacionados co xénero.
- Actividades culturais e de lecer para favorecer a súa inclusión na vida comunitaria.
PUBLICACIÓNS RELACIONADAS
Nesta ligazón podes consultar diferentes publicacións do noso movemento asociativo relacionadas con ámbito das mulleres con discapacidade intelectual.
QUERES MÁIS INFORMACIÓN?
Podes contactarnos a través deste formulario ou chamando ao 981 51 96 50.
FINANCIACIÓN E COLABORACIÓN
Programa financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades.

