Escola do Bo Querer

Escola de relacións afectivas e seguras

"A Escola do Querer" é unha iniciativa innovadora de FADEMGA Plena inclusión Galicia dirixida a mulleres con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, que sitúa no centro o consentimento, a autodeterminación e o dereito a vivir relacións afectivas e sexuais libres e seguras.

Nesta escola traballamos para que cada muller poida identificar, nomear e soster o seu propio consentimento, fortalecendo a súa capacidade de decisión sobre o seu corpo, os vínculos que desexa e as experiencias que quere vivir.

 

UN ESPAZO SEGURO PARA APRENDER, COMPARTIR E DECIDIR 

A "Escola do Querer" funciona como un grupo reducido e estable (entre 6 e 10 participantes) que se reúne durante 5 semanas consecutivas, creando un espazo de confianza no que aprender, compartir experiencias e construír coñecemento colectivo.

A proposta parte dun enfoque interseccional e accesible, empregando recursos adaptados como a lectura fácil, materiais visuais e apoio profesional, para garantir a comprensión, a participación activa e o empoderamento real das participantes.

 

CALES SON OS OBXECTIVO DA ESCOLA?

A "Escola do Querer" ten como fins últimos:

- Promover a igualdade de xénero como base para previr calquera forma de violencia.

- Recoñecer que é unha relación afectiva sa e identificar sinais de alerta.

- Aprender a expresar desexos, límites e emocións con seguridade.

- Previr situacións de abuso ou manipulación e coñecer recursos de apoio.

- Fomentar a autoestima, o bo trato e o dereito a querer e ser querida.

- Impulsar a creación de contornas seguras nas relacións persoais.

 

QUERES MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTA INICIATIVA?

Se estás interesada/o en coñecer máis sobre este e outros proxectos, escríbenos a través deste formulario.