Apoio e acompañamento

Non estás soa. Estamos contigo!

En FADEMGA Plena inclusión Galicia contamos cun servizo de apoio e acompañamento individual dirixido a mulleres con discapacidade intelectual.

Un espazo seguro, de confianza, no que escoitarte, informarte e camiñar contigo cando o necesites. Este servizo está pensado para acompañarte no teu día a día, respectando sempre as túas decisións, os teus tempos e a túa maneira de facer as cousas.

Este servizo é para ti se:

- Necesitas falar con alguén e sentirte escoitada.

- Tes dúbidas sobre igualdade, relacións de parella ou convivencia.

- Queres información sobre dereitos sexuais e reprodutivos.

- Precisas axuda para facer trámites ou xestións.

- Queres que alguén vaia contigo a unha cita médica, por exemplo ao xinecólogo.

- Non queres facer as cousas soa.

 

Neste servizo:

- Escoitámoste con respecto e sen xuízos.

- Explicámoste a información de forma clara e comprensible.

- Acompañámoste cando o necesites.

 

Respectamos as túas decisións. Imos ao teu ritmo.

Se tes dúbidas, se necesitas apoio ou se queres usar este servizo, podes chamarnos.

 

Contáctanos no teléfono 681 21 29 86

Non estás soa. Estamos contigo!

 

QUERES MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTA INICIATIVA?

Se estás interesada en ter máis información sobre esta e outras iniciativas, contáctanos a través de este formulario.