Quen somos?

FADEMGA Plena inclusión é a federación galega de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento

Dende FADEMGA traballamos na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e das súas familias así como no fomento da súa calidade de vida.

O noso obxectivo é acadar unha sociedade máis xusta e solidaria, onde todas as persoas, sexan cales sexan as súas capacidades, teñan os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades. 

Ademáis, somos unha das 17 federacións integradas en Plena inclusión España, a Confederación que representa, coordina e apoia a todo o noso movemento asociativo no país. 

 

A NOSA BASE SOCIAL


FADEMGA Plena inclusión Galicia está formada por 41 entidades das 4 provincias galegas, contamos con máis de 7.000 persoas socias e representamos a máis de 9.000 persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, ás que prestamos atención tanto a través das nosas entidades membro como directamente dende a federación. 

Asemade, cubrimos aquelas necesidades ás que algunhas entidades, por falta de recursos, teñen máis complicado chegar, e executamos programas co fin de promover que as asociacións dinamicen e traballen novos eidos que contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.