Biblioteca
Enche este formulario e solicita o teu exemplar!
| Nome | Descripción | Categoría | Exemplares |
|---|---|---|---|
|
20.000 leguas baixo dos mares/ 20.000 leguas de viaje submarino |
A novela narra a aventura do profesor Aronnax, o seu asistente Conseil e o arponero Ned Land a bordo do submarino Nautilus, comandado polo enigmático Capitán Nemo, explorando os misterios do océano e enfrontando perigos descoñecidos. |
Ciencia ficción |
0 |
|
Palabra de pedra/ Palabras de piedra |
"Palabras de pedra" narra a odisea dun home con autismo de alto rendemento que decide viaxar co seu fillo Guille, quen é máis afectado. A viaxe implica tomar decisións en solitario, renunciando á seguridade de quen o coidaba, e enfrontando o reto de adaptarse a un mundo que non está deseñado para persoas con TEA. A novela explora temas de autoconocimiento, aceptación de limitacións e o risco de soñar a pesar das dificultades. |
Narrativa |
8 |
|
Os Balbinos visitan museos de Galicia/ Los Balbinos visitan museos de Galicia |
Este conto infantil narra as aventuras desta simpática familia formada por Lúa, Bal e os seus pais Lena e Lino e que, nesta ocasión, os levará a visitar varios museos galegos nos que descubrirán todos os segredos que se agochan na terra, no mar, no universo e na propia evolución do ser humano. |
Infantil |
1 |
|
Memorias dun neno labrego/ Recuerdos de un niño labrador |
"Memorias dun neno labrego" é unha novela que narra a infancia de Balbino, un neno dun pequeno pobo rural na Galicia da posguerra. A obra explora temas como a familia, a amizade, a educación e a cultura, ofrecendo unha visión íntima da vida rural e os costumes da época. A través dos recordos de Balbino, revélase a loita contra as inxustizas e o caciquismo da sociedade galega, así como a importancia da aprendizaxe e a conexión co pasado. A novela é un testemuño da riqueza cultural de Galicia e a esencia das súas tradicións, todo visto a través dos ollos dun neno. |
Historia |
8 |
|
A biblioteca de Julia/ La biblioteca de Julia |
Martín é un neno cego. Sabes como pode atopar libros na biblioteca? Sabes que hai libros con páxinas en branco que Martín si pode ler? A biblioteca de Julia parece un pouco máxica pero é moi real. Coñece as historias fantásticas de Martín Ana, Laura, Carlos ou Noah. Plena inclusión agradece ás autoras a cesión da obra para difundila de forma gratuíta. Este conto é moi interesante para falar a nenas e nenos sobre a diversidade e a accesibilidade. Ademais inclúe actividades. Este conto é o resultado do Traballo de Fin de Grao realizado por Andrea Catalán na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Salamanca. |
Narrativa |
1 |
|
Xogo sucio/ Juego sucio |
Que serías capaz de facer por amor? Xavier é un home namorado, pero deberá superar un obstáculo para poder estar con Juna. Este obstáculo é unha persoa, e a única solución é que esta morra. Xavier verase capaz de traspasar os límites éticos de vísaa e a morte por amor? |
Narrativa |
8 |
|
Espantallo amigo/ Espantapájaros amigo |
Hai homes coma espantallos e espantallos coma homes. O protagonista desta obra ten un corazón de pexego, morno e bo coma os seus feitos. |
Infantil |
1 |
|
A pantasma da casa do lado/ El fantasma de la casa de al lado |
Este libro está adaptado ao sistema de Lectura Doado: un modo de facer a lectura accesible a diferentes tipos de necesidades específicas de aprendizaxe. Na casa de ao lado vive unha pantasma. Dígovos a verdade! Polas noites véxoo moverse. Lucas retoume a comprobalo... E agora que fago? Teño que demostrarlle que son valente! |
Infantil |
1 |
|
O asasino da súa segunda sombra/ El asesino de su segunda sombra |
A familia Altamira acolle a Alba, unha nena de 12 anos refuxiada de Bosnia. Alba chega ao pobo atemorizada polo recordo da guerra que deixou atrás. Ata que coñece a Toni, e crean unha bonita amizade. Pero Toni, presionado por outros compañeiros de clase, empeza a tratar mal a Jamal, un compañeiro musulmán. Toni e Alba empezan a distanciarse... E, un día, Alba desaparece. |
Suspense |
8 |
|
A auga do Riff/ El agua del Riff |
Durante o ano, en Rubí, son o fillo de Fatma, a do 4º3ª, Fatma, a marroquina, a do pano. Cada verán, cando chegamos a Marrocos, recíbennos como triunfadores porque temos un coche mellor que o dos nosos curmáns, porque a miña nai lles regala colonia, bicicletas para os máis pequenos e roupa de marca. Mención especial do 1º Premio de Novela Curta de Lectura Doado organizado por CCOO. |
Narrativa |
8 |
|
Contos sorprendentes/Cuentos sorprendentes |
Cinco relatos breves que comparten pinceladas de humor, mirada crítica e finais sorprendentes. Os contos seleccionados son: «A porta aberta» de H. H. Munro 'Saki, «O agasallo de Reis» dO. Henry, «O colar» de Guy de Maupassant, «A vinganza» de Antón P. Chéjov e «O espectro» de Horacio Quiroga. |
Relato curto |
8 |
|
Contos da selva/ Cuentos de la Selva |
A selva é o escenario e personaxe omnipresente destes contos. Por ese entón, Quiroga decide abandonar a comodidade do ambiente urbano para instalarse na selva misioneira. Esta, coa súa violencia natural incontida, fronte ao home, aliado ás veces, destrutor as máis, desa natureza salvaxe. |
Infantil |
1 |
|
Cruce de mundos |
Novela histórica sobre a amizade entre tres mozos: un israelita, unha fenicia e un escravo africano. Tres culturas, tres relixións, tres xeitos distintos de entender o mundo. |
Historia |
3 |
|
Bailar un tango en Madrid |
O libro "Bailar un Tango en Madrid" narra a historia de Nahuel, un mozo arxentino que, tras a crise económica de 2001, vese obrigado a emigrar a un país descoñecido para el. Ao longo da súa viaxe, Nahuel atópase nun avión, lonxe dos seus seres queridos, e comeza a explorar unha nova sociedade. O libro explora o impacto do corralito na vida dos arxentinos e como o baile do tango convértese nun medio de comunicación e expresión cotiá. |
Historia |
19 |
|
A máquina de tempo/ La máquina del tiempo |
A máquina do tempo narra a historia dun mozo científico que constrúe unha máquina capaz de viaxar a través do tempo. Na súa viaxe ao futuro, descobre unha sociedade dividida en dúas razas: os Eloi, que son pacíficos e viven na superficie, e os Morlocks, que son subterráneos e salvaxes. A medida que avanza, o protagonista enfróntase a dilemas éticos e filosóficos que o levan a cuestionar o curso da historia e o destino da humanidade. A novela é un clásico da ciencia ficción que resistiu o paso do tempo e segue sendo relevante hoxe en día. |
Ciencia ficción |
1 |
|
A idade da inocencia/ La edad de la inocencia |
A novela "A idade da inocencia" de Edith Wharton explora o conflito entre as vellas tradicións e a chegada dos novos tempos na alta sociedade de Nova York. A través da historia de Newland Archer e a condesa Olenska, Wharton invítanos a reflexionar sobre a moralidade e a hipocrisía nunha sociedade que parece estar rexida por normas implacables. A presenza da condesa Olenska desafia as normas e plans de Newland, cuestionando todo o que el consideraba aceptable e natural. A novela vai máis aló dunha simple historia de amor, enfocándose no dereito á liberdade para vivir de acordo coa propia natureza, mesmo se iso significa desafiar as convencións sociais |
Narrativa |
1 |
|
A familia das curandeiras |
A novela "A FAMILIA DÁS CURANDEIRAS" de Marisa Castro Cerceda é unha homenaxe ás curandeiras e curandeiros de Galicia. A historia segue a Rosalía, unha muller humilde e sabia que viviu nos anos difíciles da Guerra Civil e a ditadura franquista. A través da súa vida, coñécese a Rosalía, unha muller que traballou moito para axudar aos demais, aliviando os seus problemas e dándolles esperanza. A novela é doado de ler e entender, o que a converte nunha lectura accesible para a maioría das persoas. |
Historia |
1 |
|
A Bolboreta Arlequina |
O argumento de "A Bolboreta Arlequina" céntrase nas diferenzas que nos fan únicos e na importancia de aceptar a cada persoa tal como é. A historia destaca a empatía e a autoestima, e é unha mensaxe que busca inspirar aos lectores para valorar a diversidade e a ser aceptados por quen nos rodea. |
Infantil |
2 |
|
Baixo o mesmo teito / Bajo el mismo cielo |
Unha nai e unha filla foxen da Guerra Civil Española a bordo do Winnipeg, un barco que o escritor Pablo Neruda fixo partir desde Francia cara a Chile en 1939. |
Ficción contemporánea |
1 |
|
Certame de relatos en lectura fácil/ Certamen de relatos en lectura fácil |
Recopilación dos relatos gañadores do "Certame de relato curto" organizado por FADEMGA Plena inclusión Galicia. |
Relato curto |
8 |
|
Trampa de lume / Trampa de fuego |
Trampa de lume está baseada na historia real do incendio da fábrica téxtil Triangle en Nova York en 1911. No lume morreron 146 persoas, case todas mulleres. Este feito levou á loita das mulleres polo traballo decente éa conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres traballadoras. |
Poesía |
8 |
|
Sete días no lago / Siete días en el lago |
Unha rapaza atrapada entre dúas paixóns, entre dous homes moi distintos, un inglés alto e forte, e un catalán pequeno e introvertido. Con cal quedará? |
Narrativa |
0 |
|
Os pazos de Ulloa / Los Pazos de Ulloa |
Un cura chega aos Pazos de Ulloa para axudar a un señorito a administrar as súas posesións. Un retrato da Galicia rural do século XIX. |
Narrativa |
8 |
|
Oliver Twist |
Narra as aventuras e desventuras dun neno orfo que vive nun hospicio ata que é o suficientemente maior para empezar a traballar como axudante dun fabricante de cadaleitos. Oliver escápase e vaise a Londres, onde é vítima de enganos por mor da súa inocencia. Para sobrevivir deberá aprender a distinguir quen está do seu parte e quen non. Pide á editorial a guía didáctica do libro. |
Narrativa |
8 |
|
Onda de calor / Ola de calor |
Sara vaise soa en bicicleta unha calorosa noite de verán despois de discutir co seu noivo. Á mañá seguinte, atopan o corpo da moza sen vida nun parque. |
Suspense |
8 |

