Misión, visión e valores

A misión, a visión e os valores son os elementos fundamentais que guían o traballo da nosa organización.

A NOSA MISIÓN


A nosa federación ten como misión a promoción de accións e servizos (en consonancia co Código Ético e cos valores do movemento asociativo de Plena inclusión) que creen as condicións necesarias para que as organizacións membros melloren a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento de Galicia e as súas familias.

 

A NOSA VISIÓN DO FUTURO


Con respecto á nosa visión de futuro, dende FADEMGA traballamos para que cada persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento logre a plena inclusión na sociedade e na vida en comunidade e o seu desenvolvemento pleno en todas as etapas vitais, realizando cantas actividades e actuacións podan favorecer a consecución destes obxectivos. 

Tanto a misión como a visión constrúense sobre unha serie de valores que guían o noso traballo diario. 

 

OS NOSOS VALORES


Entre estos valores cabe destacar:

  • Dignidade e respeto: a persoa como valor absoluto e fin en si mesma, merecedora de respecto, de dereitos e deberes, autodeterminación, autonomía, liberdade, empoderamento, singularidade e diversidade, tolerancia, aceptación, bo trato. 
  • Xustiza e igualdade: inclusión, cidadanía, equidade, igualdade de dereitos, de obrigacións e oportunidades, protección e defensa, reivindicación e loita, distribución responsable de dereitos, de bens e de recursos, empoderamento e emancipación.
  • Compromiso e responsabilidade: participación, implicación nos grupos e comunidades dos que se forma parte, cumprimento de promesas e obrigacións, crer nos proxectos comúns, corresponsabilidade, deber moral.
  • Vida plena e felicidade: autorrealización, amor, alegría, liberdade, plenitude, sentido, vida significativa, autoestima. 
  • Integridade e confianza: coherencia entre o que se di e o que se fai, honestidade, transparencia, lealdade, fidelidade, protección contra a corrupción, rectitude.
  • Diálogo e liberdade de expresión: liberdade de opinión e expresión, comunicación, escoita activa, consenso, aceptar a discrepancia, pluralismo, deliberación.
  • Cooperación e traballo en equipo: proxecto común, cohesión, liderado compartido, humildade, colaboración, paciencia, sinerxía, compartir coñecemento.
  • Valentía e prudencia: Coraxe, fortaleza, enteireza de ánimo, audacia, determinación, altura de miras. 
  • Altruísmo e solidariedade: empatía, axuda, afecto polos demais, fraternidade, xenerosidade, compartir.
  • Apertura mental e innovación: pensamento crítico, inconformismo, visión, flexibilidade, adaptabilidade; visión, reflexión, imaxinación, curiosidade. 
  • Calidade e mellora contínua: aprendizaxe, formación e reciclaxe permanente, competencia, profesionalidade, avaliación, orde, disciplina, control, manexar datos, coñecemento, reflexión, evidenciar, obxectividade racional, seguridade, axilidade, eficacia, eficiencia, optimizar recursos, sostibilidade.ción, paciencia, sinerxía, compartir coñecemento.
  • Paixón e ilusión: entusiasmo, utopía, emoción, ilusión, inspiración, empeño, perseveranza.