Os teus dereitos como persoa consumidora de bens e servizos
Datos Xerais:
Categoría: Accesibilidade
Publicado: 2026
Autoría: Plena inclusión España
Editorial: Plena inclusión España
Colaboran: Fundación ONCE. Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030 a través de la X Solidaria.
Publicación para: familias , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Accesibilidade cognitiva
Descrición:
Todas as persoas compramos cousas ou usamos servizos.
Por exemplo:
• Imos ao supermercado para comprar comida.
• Pagamos o autobús ou o tren para viaxar.
• Compramos un teléfono ou unha entrada para o cinema. Cando facemos esas cousas, somos persoas consumidoras.
Por que é importante esta formación? Ás veces, as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento poden ter ao comprar ou usar un servizo. Por exemplo:
• Non entender ben a información ou os prezos.
• Que alguén non respecte os seus dereitos. • Non saber como reclamar se algo sae mal. Por iso esta formación é importante.
Por que é tan importante esta formación?Esta formación axudarache a: • Entender que dereitos tes como persoa consumidora. • Saber que facer se algo non está ben. • Sentirche segura e capaz cando compras ou contratas un servizo. • Participar na sociedade en igualdade coas demais persoas. • É importante coñecer os nosos dereitos como consumidores. • Así poderemos defendernos mellor cando compremos bens ou servizos.

