Marco conceptual O Poder das Persoas (Lectura fácil)

Datos Xerais:

Categoría: Protocolos internos

Publicado: 2025

Autoría: Plena inclusión España

Lectura Fácil: Si

Publicación para: persoas con discapacidade

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Igualdade

Descrición:

Imos ver palabras que usamos no día a día 
cando falamos de participación 
e liderado. 
Reivindicar: é reclamar, loitar e defender 
os dereitos. 
As persoas con discapacidade  intelectual 
e do desenvolvemento, 
son líderes na loita
dos seus dereitos porque:
Participan nas organizacións  
e na comunidade.
Son portavoces  
e lideran o noso movemento asociativo 
coas familias.
Por iso moitas veces usamos  
palabras no día a día  
que explican todo este traballo. 
Imos explicar 
algunhas palabras importantes 
que usamos  
cando falamos do liderado  
e da participación  
das persoas con discapacidade intelectual  
e do desenvolvemento.