Manual de uso da Escala de avaliación de necesidades familiares (menores de 18 anos)

Datos Xerais:

Categoría: Familias

Publicado: 2025

Autoría: Anna Balcells-Balcells (FPCEE Blanquerna, URL) Natasha Baqués (FPCEE Blanquerna, URL) Climent Giné (FPCEE Blanquerna, URL) Marta Gràcia (Universitat de Barcelona, UB) Joana M. Mas (FPCEE Blanquerna, URL) Anna Sala Bubare (FPCEE Blanquerna, URL) Cecilia Si

Editorial: Plena inclusión España. Avda. General Perón 32, 1º, 28020, Madrid.

Coordina: Climent Giné y Joana M. Mas

Financiación: Fundación ONCE

Publicación para: familias , profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Familias

Descrición:

A escala ENF-E (<18) consta de 4 partes:
A primeira parte céntrase na identificación das necesidades da familia. Trátase dunha 
escala de 69 ítems que describen tarefas ou actividades básicas que constitúen e contribúen ao 
funcionamento familiar. Estes ítems están articulados ao redor de sete dimensións: 
1. Benestar familiar
2. Economía familiar 
3. Aprendizaxe e apoio á persoa con DID 
4. Atención na vida diaria 
5. Saúde e seguridade persoal
6. Servizos e apoios
7. Relacións sociais 
A familia responde esta parte da escala avaliando canta necesidade de axuda ten un 
ou máis membros da súa familia para poder realizar cada unha das tarefas ou actividades. As 
opcións de resposta van desde 1  –“Ningunha necesidade”  ata 5 – “Necesidade moi alta”.
A segunda parte céntrase na identificación e priorización das 5 tarefas ou actividades que 
se perciben como necesidades máis urxentes e ordenalas segundo as súas prioridades. Identifícanse 
a partir dos ítems que recibiron as puntuacións máis altas na 1ª parte da escala (4 
e 5 = necesidade alta ou moi alta); aínda que pode incorporar algunha necesidade prioritaria que non 
fose identificada anteriormente.
A terceira parte oriéntase á definición do tipo de apoio que a familia pode considerar máis 
adecuado para dar resposta a cada unha das necesidades priorizadas: poden escoller entre 
catro tipos de apoios (emocional, informativo, loxístico e económico) e pode engadir outros tipos 
de apoios ou recursos que poden ser de utilidade e que non se recollen nas opcións anteriores.
Por último, na cuarta parte pregúntase á familia que responda a un conxunto de preguntas 
relacionadas coa persoa que responde a escala, a súa familia e o familiar con DID. 
A escala pode ser administrada en dous formatos: en papel e en formato electrónico. O 
formato electrónico dispón dunha aplicación informática que permite responder tanto cada 
unha das partes da escala como obter a puntuación resultante da primeira parte da 
escala de ENF-E (<18).