Guía para presentar o proxecto – Construímos comunidades accesibles
Datos Xerais:
Categoría: Accesibilidade
Publicado: 2026
Autoría: Plena inclusión España
Coordina: Red de Accesibilidad Cognitiva de Plena inlsuión España
Financiación: Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030, fines solidarios y Fundación ONCE.
Publicación para: familias , persoas con discapacidade , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Accesibilidade cognitiva
Descrición:
Este proxecto chámase Construímos Comunidades
Accesibles e ten como obxectivo investigar na
comunidade, creando ferramentas de apoio, para
dar a coñecer e sensibilizar sobre a accesibilidade
cognitiva, para mellorar a calidade de vida de persoas
con discapacidade intelectual e do desenvolvemento
e outros colectivos con dificultades de comprensión.
O proxecto Construímos Comunidades Accesibles é unha pilotaxe. Unha pilotaxe é unha proba que
se fai para poñer en marcha novas ideas. Se esta proba ten éxito pódese repetir noutras
contornas parecidas para mellorar a sociedade para que sexa accesible e inclusiva.
Nesta pilotaxe faremos varias actividades e usaremos as ferramentas de desenvolvemento
comunitario e as propias da accesibilidade cognitiva para poñer en marcha o proxecto.
Para iso, contaremos con 14 equipos de exploración e 1 equipo promotor. En total participan 15
federacións que forman parte da Rede de Accesibilidade de Plena inclusión España.

