Folleto Exposición Juan Haro. Museo Nacional de Escultura. Valladolid
Datos Xerais:
Categoría: Accesibilidade
Publicado: 2025
Autoría: Departamento de Programas Públicos. Adaptado por Plena Inclusión
Editorial: Departamento de Programas Públicos y Plena Inclusión
Financiación: Ministerio de Cultura
Lectura Fácil: Si
Publicación para: persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Cultura
Descrición:
A Casa do Sol era a igrexa
da casa do Conde de Gondomar.
O Conde de Gondomar
foi embaixador de España en Inglaterra
durante os anos 1600.
Agora a Casa do Sol é
unha parte do Museo Nacional de Escultura
onde hai copias de esculturas
da antiga Grecia e Roma.
Durante estes meses,
na Casa do Sol haberá unha exposición
do artista Juan Haro.
As obras de Juan Haro comparten espazo
coas obras habituais
porque falan dos mesmos temas.
Están colocadas de forma que
parece que están a falar entre si,
coma se contasen unha historia.
Neste folleto explicámosche
quen foi Juan Haro
e as súas esculturas máis importantes.

