Cuestionario de competencias dixitais para persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento
Datos Xerais:
Categoría: Lexislación
Publicado: 2024
Autoría: Plena inclusión España
Financiación: BBVA
Lectura Fácil: Si
Publicación para: persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Apoios , Tecnoloxía
Descrición:
Este cuestionario de competencias dixitais
para persoas con discapacidade creouno
o Grupo Shekulo Tov de Israel.
O Grupo Shekulo Tov é unha organización
que axuda ás persoas con discapacidade intelectual.
O cuestionario baséase no Marco Europeo
de Competencias Dixitais
e pode usalo calquera organización que o necesite.
Serve para avaliar como usas as novas tecnoloxías,
como, por exemplo, o teu teléfono móbil,
as páxinas web ou o teu computador.
A iso chamámolo competencia dixital.
Cos resultados deste cuestionario
poderemos ver se o cuestionario
funciona ben e é fiable.
Tamén, poderemos facer cursos de formación
adecuados ao nivel de cada persoa.

