Comunidades accesibles. Ferramenta 2: Guía Paso a paso para o desenvolvemento da avaliación
Datos Xerais:
Categoría: Accesibilidade
Publicado: 2024
Autoría: Plena inclusión España
Financiación: Fundación ONCE y el Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030
Publicación para: administracións públicas , empresas , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Accesibilidade cognitiva
Descrición:
A Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade e da súa Inclusión Social,
aprobada en 2013 e modificada en 2022, define a accesibilidade universal como,
“a condición que deben cumprir as contornas, procesos, bens, produtos
e servizos, así como os obxectos, instrumentos, ferramentas e dispositivos
para ser comprensibles, utilizables e practicables por todas as persoas
en condicións de seguridade e comodidade e da forma máis autónoma e
natural posible. Na accesibilidade universal está incluída a accesibilidade
cognitiva para permitir a fácil comprensión, a comunicación e interacción
a todas as persoas. A accesibilidade cognitiva desprégase e fai
efectiva a través da lectura fácil, sistemas alternativos e aumentativos
de comunicación, pictogramas e outros medios humanos e tecnolóxicos
dispoñibles para tal fin. Presupón a estratexia de «deseño universal ou
deseño para todas as persoas», e enténdese sen prexuízo dos axustes
razoables que deban adoptarse”
A modificación da lei en 2022 inclúe o concepto de accesibilidade cognitiva dentro da
accesibilidade universal, que se menciona de forma específica como,
“a solución para permitir a fácil comprensión, a comunicación
e interacción a todas as persoas. A accesibilidade cognitiva desprégase
e fai efectiva a través da lectura fácil, sistemas
alternativos e aumentativos de comunicación, pictogramas e outros
medios humanos e tecnolóxicos dispoñibles para tal fin”
Por tanto, a accesibilidade cognitiva ten que entenderse como unha forma de facilitar a
comprensión e facer todos os elementos máis sinxelos no seu uso.

