Catálogo 2026: Solucións para avanzar cara a apoios personalizados e en comunidade
Datos Xerais:
Categoría: Accesibilidade
Publicado: Marzo 2026
Autoría: Plena inclusión España
Financiación: Ministerio de Derechos Sociales. Cosumo y Agenda 2030
Publicación para: administracións públicas , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Apoios
Descrición:
Plena inclusión debuxou o seu futuro desexado enmarcado nos seus 11 retos
estratéxicos de “Gañamos en Comunidade 2022-2030”. Sabemos que hai
momentos de maior incerteza e dificultades, pero que dentro da
nosa misión está incorporado un espírito precursor permanente que
é o que fai posible a aparición de novas realidades sociais, a través de pancas
como os programas que desenvolvemos.
Neste ano 2026 presentámosvos unha axenda de innovación que
de forma transversal traballa moitos dos nosos retos estratéxicos,
aliñados coa Convención Internacional dos Dereitos das
Persoas con Discapacidade que cumpre 20 anos en 2026. Son proxectos
que están na vangarda das propostas de innovación social e obsérvanse
con gran interese pola nosa contorna nacional e internacional.
Como xa sabemos, ao futuro non se vai, se non que se constrúe.
É unha sorte e unha oportunidade poder desenvolver xuntos e xuntas este camiño
desde o convencemento de que dará froitos en forma de máis
dereitos, vidas con máis sentido e comunidades fortes, accesibles
inclusivas e por tanto máis xustas.

