O Sistema de Calidade Plena

O Modelo de Calidade de Vida Plena inclusión, susténtase na calidade de vida, na calidade na xestión e na calidade ética, e conta cun Sistema de Avaliación da Calidade.  

Este Sistema de Avaliación da Calidade Plena inclusión é compatible con outros sistemas de certificación, aos que complementa dando protagonismo á persoa con discapacidade intelectual, e comprometéndose coa ética. A acreditación que propón este Sistema de Avaliación da Calidade Plena inclusión busca evidencias de mellora nos 3 compoñentes que conforman o Modelo de Calidade Plena:

- A Calidade de vida,

- A Calidade na xestión,

- A ética.

O Sistema de avaliación desta Calidade Plena inclusión supón un percorrido progresivo por ese camiño, aplicable a todas as entidades, con independencia do seu tamaño ou as súas características e circunstancias concretas.

Este percorrido componse de 4 etapas:

1. COMPROMISO coa Calidade Plena inclusión.
2. DESPREGUE da Calidade Plena inclusión.
3. CALIDADE Plena inclusión.
4. CALIDADE Plena inclusión EXCELENTE.


QUE OFRECE A ÁREA DE CALIDADE DE FADEMGA ÁS ENTIDADES?

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia animamos e apoiamos ás entidades federadas para que se inicien neste Modelo, asesorandoas en: 

- Como iniciar o proceso de Calidade Plena inclusión.
- Como constituír o Equipo de Autoavaliación.
- Como facilitar a participación das persoas con discapacidade intelectual.
- Como realizar a indagación.
- Como dinamizar as reunións de consenso.
- Como realizar a comunicación interna.

 

Se queres máis información sobre o Sistema de Calidade, ou saber como podemos apoiar á túa entidade no proceso de acreditación, podes contactarnos en calidade@fademga.org