Información e orientación laboral

Construíndo pontes cara novas oportunidades laborais

O Servizo de Información e Orientación de FADEMGA Plena inclusión Galicia ofrece ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias información especializada no ámbito do emprego, atendendo ás súas necesidades e demandas e facilitando os apoios necesarios para mellorar a súa calidade de vida.

Conta co apoio dun equipo multidisciplinar composto por profesionais da psicoloxía e a orientación laboral así como por preparadores/as laborais; todo elo co fin de facilitar información máis detallada e especializada sobre os diferentes ámbitos de interese para a persoa.

Actualmente, o Servizo de Información e Orientación laboral de FADEMGA é centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia e conta con 2.490 persoas con discapacidade intelectual rexistradas como demandantes de emprego, de formación, de mellora de emprego ou ben doutros servizos de apoio.

Trátase dun apoio fundamental, debido a que 1.635 destas persoas atópanse fóra do circuíto de servizos de atención á dependencia, polo que non dispoñen doutros recursos especializados para a procura de emprego. 


PROSPECCIÓN E XESTIÓN DE OFERTAS DE TRABALLO


Outro obxectivo fundamental do servizo é a captación de novos postos de traballo adaptados ás persoas con discapacidade intelectual demandantes de emprego, para o cal vimos realizando prospeccións do tecido empresarial galego.

Durante o último ano realizamos 63 visitas a empresas, captamos máis de 287 ofertas de emprego e logramos un total de 204 contratos para persoas con discapacidade intelectual.  

 

AS NOSAS DELEGACIÓNS


Se che interesa solicitar este servizo, podes contactarnos a través dalgunha das nosas delegacións, pois contamos con oficinas de emprego nas catro provincias. 

Preme nesta ligazón e consulta cal é a túa oficina máis próxima!

 

PUBLICACIÓNS RELACIONADAS CO SERVIZO


Nesta ligazón podes consultar diferentes publicacións do noso movemento asociativo relacionadas co servizo de información e orientación laboral.