Biblioteca de lectura fácil

Solicita o teu exemplar!

Na federación contamos cunha biblioteca de libros en lectura fácil que podes solicitar en préstamo. 

Entra nesta ligazón e consulta o noso catálogo

 

Quen pode solicitar os libros?

O servizo de préstamo de libros en lectura fácil está pensado para calquera persoa, entidade ou centro educativo.

 

Como se fai a solicitude dos libros?

Os libros pídense a través deste formulario.

Unha vez recibida a solicitude FADEMGA prepara os libros para a súa entrega.

 

Como se poden entregar os libros?

FADEMGA poderá entregar os libros de 2 formas:

- Na sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

- Na dirección que a persoa especifique no formulario.

Se a persoa escolle o envío por correo postal, a entidade, o centro educativo ou a propia persoa deberá pagar o coste do envío cando o reciba.

 

Que prazo hai para devolver os libros?

O prazo máximo é de 3 meses.

Este prazo empeza a contar dende o día que se recollen os libros na sede de FADEMGA ou dende o día que se envían por correo postal.

Os libros deberán devolverse na sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia ou a través de correo postal.

Se os libros se envían a través de correo postal, a persoa, a entidade ou o centro educativo deberán pagar o custe do envío.

 

Que pasa se non podo devolver os libros en prazo?

Se existe algún problema para devolver os libros en prazo deberase informar a FADEMGA Plena inclusion Galicia a través do correo electrónico: accesibilidade@fademga.org