Apoios para o emprego
Creando oportunidades

A través do servizo de emprego con apoios buscamos habilitar os apoios necesarios para unha plena inclusión social e laboral da persoa con discapacidade intelectual na empresa ordinaria, para o cal é fundamental a captación de ofertas de postos de traballo axeitados.
Entre as principais accións que levamos a cabo compre destacar a prospección en empresas, a detección de necesidades e características do mercado de traballo actual así como información a empresas e organismos tanto públicos como privados, sobre a metodoloxía de inserción laboral para persoas con discapacidade intelectual que utilizamos en FADEMGA.
Asemade, establecemos vías de colaboración con entidades públicas e privadas coa finalidade de captar recursos que melloren a inclusión sociolaboral do colectivo.
EMPRESAS COMPROMETIDAS COA DIVERSIDADE
Para garantir o éxito deste servizo, é fundamental contar con empresas comprometidas coa inclusión real e efectiva das persoas con discapacidade intelectual.
Afortunadamente, cada vez son máis as empresas e organismos que apostan por apoiar a inserción laboral dos colectivos máis vulnerables; unha boa práctica que supón o punto de partida para construir equipos que representen o mundo diverso no que vivimos.
No noso vídeo “Somos capaces” podes ver o que significa apostar por contornas inclusivas:

