VOCES 445

Datos Xerais:

Categoría: Comunicación

Publicado: 2020

Editorial: Plena inclusión EspañaAvenida General Perón 32, 1º. 28020. Madrid.info@plenainclusion.org91 55 74 13.

Lectura Fácil: Si

Publicación para: persoas con discapacidade

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Comunicación

Descrición:

Arrincamos 2020 con este primeiro número de VOCES no que ofrecemos os resultados da Feira Virtual de Educación inclusiva celebrada por Plena inclusión o pasado 24 de xaneiro, coincidindo co Día Internacional da Educación. Neste encontro en liña quixemos mostrar experiencias innovadoras para alcanzar a inclusión educativa. É a primeira dunha serie de Feiras mensuais que Plena inclusión España ofrecerá este ano sobre temas diversos en relación á discapacidade intelectual, o TEA e a parálise cerebral.

Xunto a iso, neste número tamén publicamos 4 entrevistas a familiares e profesionais do ámbito da educación, realizadas no recente Encontro Estatal de Educación inclusiva celebrado en Toledo por Plena inclusión.

Na sección de «O poder das persoas», ofrecemos unha entrevista con Carmen Jiménez, primeira estudante Erasmus con discapacidade intelectual. Esta técnico de Farmacia cóntanos como foi a súa experiencia no Programa Europeo Erasmus+ que realizou nunha localidade próxima ao Porto (Portugal), e que lle permitiu facer prácticas nunha farmacia. E tamén informamos da reunión que a nosa dirixente con discapacidade intelectual Maribel Cáceres mantivo co Relator Especial de Nacións Unidas sobre Pobreza Extrema, Philip Alston, durante a visita que realizou a España para reunirse con diferentes representantes sociais.

Para finalizar, tamén destacamos a información sobre a solicitude de Plena inclusión e AEDIS, de elevar o custo praza dos servizos sociais e subvencións salariais. Ambas as organizacións manifestaron a urxencia de defender ao colectivo de persoas con máis dificultades de empregabilidade fomentando os apoios ao custo salarial das persoas traballadoras con discapacidade e especiais dificultades de inserción.