Voces 414
Datos Xerais:
Categoría: Boletíns
Publicado: 2017
Editorial: Plena inclusión España
Publicación para: familias , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Comunicación
Descrición:
A ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade
anunciou o pasado mes de decembro que cambiaría
a Lei Electoral para xeneralizar o voto entre as
persoas con discapacidade. Con todo, o Tribunal
Constitucional anunciou que non admitía a trámite un
recurso de amparo da Fiscalía Xeral do Estado
que solicitaba a restitución do dereito ao voto dunha
nova galega con discapacidade intelectual.
En consecuencia, Plena inclusión, xunto a CERMI
e Down España, concentrarase o próximo
8 de febreiro de 2017 fronte á sede do Tribunal
Constitucional co fin de reivindicar o dereito
ao voto de case 100.000 persoas que non poden
exercelo por ter unha sentenza de modificación
legal da súa capacidade, e doutras moitas que,
podendo legalmente votar, non poden acceder
á información e o proceso electoral en igualdade
de condicións que o resto.

