Ven a coñecer San Millán da Cogolla
Datos Xerais:
Categoría: Ocio
Publicado: 2024
Autoría: Plena inclusión La Rioja
Colaboran: Fundación San Millán de la Cogolla, Emilianensis, Ministerio de Cultura
Lectura Fácil: Si
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Cultura
Descrición:
Convidámosche a coñecer un espazo único na Rioxa e no mundo. É San Millán da Cogolla. San Millán da Cogolla ten 2 mosteiros importantes: O Mosteiro de Suso. O Mosteiro de Yuso. Podes visitar os 2. Estes mosteiros son moi importantes para a historia porque: En Suso escribíronse os primeiros textos en español. Son lugares relixiosos. Son lugares de peregrinación. Son lugares onde se enterraban santos, raíñas e persoas importantes. Son centros de cultura, literatura e arte. Por todas estas razóns, os mosteiros foron declarados Patrimonio Mundial no ano 1997. Isto quere dicir que son edificios moi importantes para o mundo e que teñen obras de arte moi importantes que hai que coidar. Visítanos moitas persoas. 2 San Millán da Cogolla Os monxes que vivían nos mosteiros eran tamén os donos dalgunhas das casas e das terras que hai en San Millán. Agora algunhas desas zonas úsanse para a agricultura e a gandería. É dicir: para o campo e os animais. Ademais, ao redor dos mosteiros hai unha paisaxe moi especial, con moitos elementos culturais. Estes elementos axúdannos a entender como era a vida dos monxes que vivían nos mosteiros. San Millán da Cogolla está cheo de tesouros. Nesta guía en lectura fácil axudámosche a coñecelos e a gozalos. Esta guía ten un mapa para que poidas visitar a zona de forma autónoma. O mapa ten uns lugares marcados. Cada lugar ten un número á beira. Podes buscar ese número na guía e así ler máis información sobre ese lugar.

