Trata de mulleres e nenas con discapacidade intelectual: miradas compartidas e propostas de cambios
Datos Xerais:
Categoría: Muller
Publicado: 2026
Autoría: Plena inclusión España, A la Par, Amaranta (Fundación de Solidaridad Adoratrices), APRAMP, Asociación Estatal Sexualidad y Discapacidad Fundación de la abogacía española, Plena inclusión Madrid, Women Enabled International.
Coordina: Plena inclusión España
Financiación: Ministerio de Igualdad
Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Igualdade
Descrición:
Este grupo de traballo nace no marco do proxecto
“Rompendo Barreiras: Mujeres con Discapacidade
Intelectual fronte á Violencia contra as Mujeres”,
impulsado por Plena inclusión e financiado pola
Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero.
O proxecto inclúe, entre outras accións, a creación dun
espazo estable de persoas expertas para avanzar
en propostas de actuación específicas dirixidas a mulleres
con discapacidade intelectual e do desenvolvemento e outras
mulleres con discapacidade que son vítimas de trata de seres
humanos con fins de explotación sexual.
Neste grupo conflúen organizacións cunha
traxectoria ampla e diversa: entidades especializadas en discapacidade
intelectual e do desenvolvemento, en dereitos
sexuais e reprodutivos, en trata e explotación sexual,
en acompañamento psicosocial e xurídico, e en defensa
de dereitos humanos de mulleres e nenas en toda a súa
diversidade.
Compartimos varios puntos de partida:
A necesidade de nomear e visibilizar ás mulleres e
nenas con discapacidade como posibles vítimas de trata,
fronte a unha mirada social e moitas veces
institucional que as presupón “protexidas” ou
directamente non as contempla como ameazadas
por este tipo de violencia.
A convicción de que ningunha organización pode
abordar esta realidade en solitario: é imprescindible
o traballo en rede, a coordinación interinstitucional e
o diálogo entre os ámbitos de discapacidade, trata,
violencia de xénero, migracións, saúde mental e
xustiza.
O compromiso cun enfoque de dereitos
humanos, interseccional e transcultural, que poña
no centro a experiencia e a toma de decisións das
propias mulleres, e que recoñeza a diversidade das
súas identidades, orientacións sexuais, historias
migratorias e necesidades de apoio.

