Trastornos da saúde mental nas persoas con discapacidade intelectual. Declaración FEAPS e informe técnico

Datos Xerais:

Categoría: Saúde

Publicado: 2020

Editorial: Plena inclusión España

Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Saúde

Descrición:

Neste libro preséntase a declaración FEAPS, referendada pola Xunta Directiva en febreiro de 2007, sobre as necesidades de apoio das persoas con presenza conxunta de discapacidade intelectual e trastornos da saúde mental. Nela FEAPS expresa o seu compromiso e a súa disposición para reivindicar e esixir o que estas persoas e a súa contorna familiar necesitan para ter acceso á calidade de vida que lles corresponde en igualdade de oportunidades que o resto das persoas. Esta declaración, coherente coa estratexia do movemento asociativo, supón un importante paso para desenvolver accións relevantes para cubrir as necesidades destas persoas, e para reivindicar ante as administracións os servizos e recursos que se requiren para facelo. Pero por si soa, sen outros datos que avalen o que aí se expresa non tería suficiente forza.

Por iso, neste mesmo libro preséntase o informe encargado ao Profesor Luis Salvador Carulla, actual Presidente da Sección de Discapacidade Intelectual da Asociación Mundial de Psiquiatría e recoñecido investigador neste campo.