Todos somos Todos. Dereitos e calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e grandes necesidades de apoio. Informe Executivo
Datos Xerais:
Categoría: calidade
Publicado: 2016
Editorial: Plena inclusión España
Lectura Fácil: Si
Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Decidir con apoios
Descrición:
As persoas con discapacidades intelectuais e do desenvolvemento que presentan unha maior necesidade de apoios constitúen un grupo especialmente vulnerable que, tradicionalmente, experimentou situacións de exclusión. A pesar diso, a situación deste colectivo non foi obxecto prioritario de estudo nin existiron desenvolvementos específicos de política social para responder as súas necesidades, o cal se traduce en, polo menos, tres consecuencias importantes. En primeiro lugar, a escaseza de interese por coñecer en profundidade a realidade daqueles cunha discapacidade intelectual (DI) que requiren de apoios máis intensos deu lugar a que non exista consenso nin no ámbito científico nin no organizacional á hora de definir que caracteriza a este colectivo. Isto incide tanto na identificación e cuantificación deste grupo poboacional como na xeración de coñecemento sobre boas prácticas na provisión de apoios ao mesmo. En segundo lugar, e a pesar de que o artigo 31 da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, en diante CDPD (ONU, 2006), insta os Estados Parte a recompilar información adecuada que favoreza o desenvolvemento de políticas que garantan que os dereitos das persoas con discapacidade non son vulnerados, son numerosos os estudos e informes que sinalan a necesidade de contar con mellores estudos epidemiolóxicos sobre DI en xeral, e persoas con maiores necesidades de apoio en particular. España, como sinalaremos neste informe, non constitúe unha excepción neste sentido. En terceiro lugar, aínda que a lexislación española en materia de educación, emprego ou sanidade, recolle, con frecuencia, as necesidades das persoas con DI nun esforzo por adaptar a normativa vixente aos dereitos recolleitos na CDPD (ONU, 2006) en vigor no ordenamento xurídico español desde 2008, deixa en ocasións a porta aberta á prestación de servizos e apoios fóra dos contextos ordinarios para aqueles cuxas limitacións son maiores, a través do emprego de conceptos como o de ‘axustes razoables’. Por este motivo, Plena Inclusión España adopta o lema ‘Todos somos Todos’ no ano 2016.

