Tes dereitos sexuais e reprodutivos, sábelo? Lectura doado
Datos Xerais:
Categoría: Sexualidade
Publicado: 2023
Editorial: Plena inclusión Cataluña. dincat
Lectura Fácil: Si
Publicación para: persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Saúde
Descrición:
As mulleres con discapacidade
teñen os mesmos dereitos
sexuais e reprodutivos
que calquera outra persoa.
Os dereitos sexuais e reprodutivos
son os dereitos humanos
relacionados coa sexualidade e a reprodución.
A sexualidade e os dereitos sexuais
teñen que ver coa identidade,
con poder decidir sobre o propio corpo,
e explorar desexos e preferencias de contacto
cunha mesma persoa ou con outras.
Os dereitos sexuais
tamén están relacionados co pracer
e a prevención de posibles riscos non desexados.
E tamén con ter oportunidades
e espazos libres de violencias e abusos.
Así como co respecto á intimidade.
A reprodución e os dereitos reprodutivos
están conectados cos dereitos sexuais.
Teñen que ver con poder escoller
se un desexa e quere
ter ou non ter
fillos ou fillas.
Os dereitos reprodutivos
tamén están relacionados co embarazo,
o parto, o posparto e a maternidade.
Así como con métodos anticonceptivos,
o ciclo menstrual e a saúde sexual.
Coñece os teus dereitos, deféndeos
e reivindícaos se chos vulneran.

