Ser un bo condutor pode ser doado. Lectura doado

Datos Xerais:

Categoría: Lectura fácil

Publicado: Marzo 2023

Editorial: Plena inclusión La Rioja

Lectura Fácil: Si

Publicación para: persoas con discapacidade

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Calidade de vida

Descrición:

Nesta guía falámosche de seguridade viaria.
A seguridade viaria son as normas e os comportamentos
que teñen que ter as persoas
que son peóns, pasaxeiras
e condutoras
para que todas as persoas
usemos de forma correcta as rúas
e as estradas
e non haxa accidentes.

Tamén te explicamos
como te tes que comportar
e algunhas normas que tes que cumprir
para ser un bo condutor de vehículos.

As normas e os sinais de tráfico
apréndelas cando che sacas o carné de conducir
ou en cursos de educación viaria.
Pero tes que estar sempre informado,
porque as normas poden cambiar