Roteiros para facer turismo en Banyeres de Mariola
Datos Xerais:
Categoría: Ocio
Publicado: 2026
Autoría: Ayuntamiento de Banyeres de Mariola
Editorial: Plena inclusión Comunidad Valenciana
Colaboran: Ayuntamiento de Banyeres de Mariola
Lectura Fácil: Si
Publicación para: persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Cultura
Descrición:
Visitar Banyeres de Mariola
Banyeres de Mariola é un municipio
que está situado no interior
da provincia de Alacante,
na comarca de l’Alcoià.
Banyeres de Mariola ten
moitos lugares bonitos para visitar.
No pobo hai edificios antigos
que teñen moita historia,
como castelos, igrexas e ermidas.
Tamén ten algúns museos
con temas moi interesantes,
como o museo da alpargata
ou o museo do papel.
Se che gusta a natureza, podes visitar
o Parque Natural da Sierra de Mariola,
que ten grandes paisaxes, plantas con aromas
e moitas fontes de auga.

