Resumen de ponencia ‘Ganamos en comunidad’. Congreso de Valencia 2022. Lectura fácil
Datos Xerais:
Categoría: Protocolos internos
Publicado: 2022
Autoría: Plena inclusión España
Editorial: Plena inclusión España. Avenida General Perón 32, 1º. 28020. Madrid. info@plenainclusion.org 91 55 74 13.
Lectura Fácil: Si
Publicación para: persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Asociacións
Descrición:
Plena inclusión ten o compromiso
de crear os seus plans estratéxicos
coa participación de todo o movemento.
Os plans estratéxicos son documentos
que explican os obxectivos dunha organización
e como vai conseguilos.
Fanse cada certo tempo.
En Plena inclusión,
fixemos xa 5 plans estratéxicos.
Este ano presentamos unha proposta
para o último Plan Estratéxico.
Esta proposta chámase #GanamosEnComunidad.
Presentarémola en Valencia en 2022.
Valencia é un lugar moi importante
da nosa historia,
porque é onde se creou FEAPS.
FEAPS é o primeiro nome
que tivo Plena inclusión.
A participación é moi importante
para nós.
En Plena inclusión esforzámonos
para asegurar a participación
das persoas con discapacidade intelectual
e do desenvolvemento.

