Que lle pasa ao teu irmán?

Datos Xerais:

Categoría: Familias

Publicado: 2020

Autoría: Àngels Ponce y Miguel Gallardo

Editorial: Plena inclusión MRW

Publicación para: familias

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Familias

Descrición:

Este é un libro para que compartades pais e irmáns 
dun neno con discapacidade.
Está especialmente dirixido a nenos e nenas, porque 
sabemos que ser irmán dun neno con necesidades 
especiais non sempre é doado (a miúdo é divertido, 
non creades, moitas veces non hai moitos problemas, 
pero algúns irmáns contáronnos que ás veces 
"é unha leria").
Tamén o escribimos pensando en vós, 
pais. Porque sabemos que estades preocupados polo 
impacto que poida ter a discapacidade nos "outros" 
fillos e talvez non sabedes como facelo nin que lles ocorre. 
Pode ser unha boa ferramenta para coñecer como  
senten hoxe.
Aos irmáns pódevos axudar a poñer un pouco 
de orde: podedes explorar como vos sentides, identificar 
algunhas emocións, expresar ideas e sentimentos...  
Isto pode ser útil (e esperamos que divertido)  
para vós.
Tamén poderedes comprobar cos exemplos, que non 
“estades sós”, que o que vos ocorre a vós, tamén 
lles pasa a outros nenos.
En definitiva, pensamos que se xuntos: pais e 
irmáns, ledes o libro e comentádelo, pódevos ser  
de gran utilidade. É unha boa escusa para pasar  
un intre xuntos.
Tamén cremos que este libro pode ser interesante 
para aqueles profesionais que organizades actividades e 
talleres dirixidos a irmáns de nenos con discapacidade. 
Sentirvos libres de utilizar as actividades que aquí 
propoñemos.
En definitiva, dicirvos que está pensado para que  
o utilicedes, debuxedes e escribades... É un libro práctico  
que quere ser útil a moita xente. Desfrutádeo!!!