Por que falamos de conciliación e non de respiro?
Datos Xerais:
Categoría: Familias
Publicado: 2026
Autoría: Red de Apoyo a Familias. Plena inclusión España
Editorial: Plena inclusión España. Avenida General Perón 32, 1º. 28020. Madrid. info@plenainclusion.org 91 55 74 13.
Coordina: Red de Apoyo a Familias. Plena inclusión España
Publicación para: familias
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Familias
Descrición:
En Plena inclusión temos un compromiso
coas familias que vai máis aló de dar
resposta a situacións puntuais.
Así o demandan as familias de persoas
con discapacidade intelectual e do
desenvolvemento.
Falar de conciliación inclúe a todas as
familias.
Para conciliar é necesario informar,
orientar e apoiar á familia, ademais de ofrecer
apoios directos á persoa con discapacidade.
A conciliación é necesaria para todas
as familias de persoas con discapacidade
intelectual e do desenvolvemento, aínda que haxa
algún familiar que non traballe para atender
á persoa con discapacidade.
As persoas coidadoras invisten moito
tempo e esforzo no coidado polo que
é esencial recoñecer e potenciar a súa
conciliación.
Falar de conciliación tamén implica
ás administracións públicas e ás
empresas privadas.

