Perspectiva ética da desescalada en residencias e vivendas de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento
Datos Xerais:
Categoría: Coronavirus
Publicado: 2020
Autoría: Comité de Ética de Plena inclusión España
Editorial: Plena inclusión España Avda. General Perón, nº 32, 1º 28020. Madrid.
Publicación para: profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Saúde
Descrición:
Como noutros momentos da vida das persoas con discapacidade
intelectual, ao longo da crise do coronavirus puidemos observar como
entraban en conflito dúas concepcións do que se considera desexable para as
persoas ás que apoiamos: - A súa seguridade. - A posibilidade de desfrutar dunha vía autónoma e significativa.
Aspiramos a manter un equilibrio entre estas dúas dimensións de vida boa,
conexionadas, ademais, a dereitos. Pero, sen dúbida, a concepción do que é
bo ou non para as persoas, as prioridades organizativas, o medo ou o
descoñecemento, dificultaron atopar o equilibrio adecuado entre ambas as
perspectivas.
Deixando á marxe a vulneración dos dereitos das persoas con dependencias,
debate que actualmente se xudicializou no que respecta a esta
problemática, centrarémonos en como a ética pode orientar as
actuacións que as organizacións prestadoras de servizos desenvolveron ou
han de desenvolver durante as crises do COVID/COVID/COVID 19.

