Participación en Xuntas Directivas e Padroados. Recomendacións de accesibilidade cognitiva. Lectura doado
Datos Xerais:
Categoría: Accesibilidade
Publicado: 2024
Autoría: Blanca Barberá, Óscar García, Elena González, Romá Javierre, Esther Martín y Blanca Tejero. Con la colaboración de la Red de Accesibilidad de Plena inclusión
Editorial: Plena inclusión España. Avenida General Perón 32, 1º. 28020. Madrid. info@plenainclusion.org 91 55 74 13.
Coordina: Blanca Tejero Fernández
Lectura Fácil: Si
Publicación para: persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Accesibilidade cognitiva
Descrición:
Participar permíteche dar a túa opinión
e que as demais persoas téñana en conta. Ademais, participar é un dereito.
Participar permite a calquera persoa
propoñer proxectos e accións
e formar parte da sociedade na que vivimos.
Cando participas
tamén podes mellorar a vida de todas as persoas.
Participar tamén é bo
para as persoas que participan.
Participar axuda a todas as persoas a:
– Aprender a expresar
e a compartir opinións.
– Escoitar e entender opinións doutras persoas.
– Aprender a traballar en equipo.
– Ter outras responsabilidades.
– Aprender a aceptar os erros.
– Ser persoas máis autónomas.
Esta guía dáche algúns consellos
sobre accesibilidade cognitiva
para poder participar mellor
nos órganos de goberno
das organizacións.

