Os impostos. Un deber cidadán

Datos Xerais:

Categoría: ÁREA SOCIAL

Publicado: 2022

Editorial: Plena inclusión Madrid

Lectura Fácil: Si

Publicación para: persoas con discapacidade

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Vida en comunidade

Descrición:

Nesta guía imos explicar
que son os impostos,
cales son os máis importantes
e que pode ocorrer
cando non pagas os impostos.

Todas as persoas pagamos impostos.
Por exemplo, pagas impostos
cando compras unha entrada de cine,
cando cobras un soldo polo teu traballo
ou cando recibes unha herdanza.

Todos os países teñen impostos.
Os impostos serven
para pagar moitos servizos
que reciben os cidadáns,
por exemplo, a educación, a sanidade,
as estradas ou a vixilancia da policía.