Orientados ao futuro. Compartindo experiencias
Datos Xerais:
Categoría: Emprego
Publicado: 2026
Editorial: Plena inclusión España. Avenida General Perón 32, 1º. 28020. Madrid. info@plenainclusion.org 91 55 74 13
Financiación: Fundación ONCE. Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030 a través de la X Solidaria
Publicación para: familias , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Descrición:
O proxecto Talentos Orientados ao Futuro, tamén chamado Orientade@s ao Futuro,
desenvolveuse entre 2024 e 2025 cun propósito claro: proporcionar aos e
as profesionais dos centros educativos ferramentas e metodoloxías que lles
permitisen impulsar o desenvolvemento persoal e a calidade de vida do alumnado con discapacidade
intelectual e/o do desenvolvemento. Con iso, buscamos avanzar cara a unha
educación e unha sociedade máis inclusivas.
O proxecto foi subvencionado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e
Axenda 2030, dentro das axudas do IRPF estatal.
A iniciativa xurdiu para dar resposta a unha necesidade: acompañar a mozos
con discapacidade intelectual e do desenvolvemento na construción do seu proxecto
de vida, especialmente nos últimos anos de escolaridade, cando a falta de oportunidades
fai máis difícil orientar o seu futuro académico, laboral e persoal.
Para afrontar este reto, é necesario contar con ferramentas de autoconocimiento,
exploración e toma de decisións que permitan a cada mozo avanzar cara ao
futuro que desexa e tomar decisións informadas

