O sistema de protección social protexe economicamente as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento?
Datos Xerais:
Categoría: ÁREA SOCIAL
Publicado: 2019
Autoría: Elaborado por:José Manuel Fresno Leticia Henar
Editorial: Plena inclusión España. Avenida General Perón 32, 1º. 28020. Madrid. info@plenainclusion.org 91 55 74 13.
Financiación: Fundación ONCE
Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Apoios
Descrición:
Este Estudo -realizado por Plena inclusión España coa colaboración de Fundación ONCE-, analiza en que medida o sistema de protección social compensa os custos económicos engadidos que teñen as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias. Un sobreesforzo que Plena inclusión xa estimou en 24.237 euros de media estatal con importantes diferenzas territoriais, no seu Informe do Sobreesforzo económico realizado en 2014.
Este novo informe identifica un total de 99 prestacións (21 nacionais e 78 autonómicas) tanto aquelas de ámbito xeral que teñen un especial tratamento cara á discapacidade, como outras específicas para as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias. A análise final pon de manifesto unha serie de importantes limitacións para as persoas con discapaciad intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias.

