O sistema de protección social protexe economicamente as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento? Análise e propostas de mellora (Resumo Executivo)

Datos Xerais:

Categoría: calidade

Publicado: 2018

Editorial: Plena inclusión España

Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Apoios

Descrición:

Analizar en que medida o sistema de protección social compensa os baixos  ingresos das 
persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que se atopan  moi por baixo 
da media e de forma maioritaria  están incluídos dentro dos colectivos empobrecidos e 
custos económicos engadidos que teñen as persoas con discapacidade intelectual e do 
desenvolvemento (PDI) e as súas familias; este sobrecusto foi estimado en estudos previos1 en 24.237 
euros como media estatal con importantes diferenzas territoriais e función do 
grao de discapacidade. É ben coñecido que as persoas con discapacidade intelectual 
necesitan de maiores apoios para poder desfrutar do dereito a un nivel de vida adecuado 
para elas e as súas familias, é dicir, para garantir o seu benestar físico e emocional, 
desenvolverse desde o punto de vista privado, exercer o dereito á autodeterminación, 
vivir de forma independente e incluída na comunidade. Cubrir estas necesidades de apoio 
supón un gasto e implica un sobreesforzo económico para as familias, que ademais en moitos 
casos, non poden xerar outras rendas de traballo debido a que teñen que atender 
as persoas con discapacidade intelectual.