Modelo de Servizo de Apoio a Familias (3ª edición revisada)
Datos Xerais:
Categoría: Familias
Publicado: 2020
Editorial: Plena inclusión España. Avenida General Perón 32, 1º. 28020. Madrid. info@plenainclusion.org 91 55 74 13.
Financiación: Fundación ONCE
Publicación para: profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Descrición:
En 2004, o movemento asociativo publicou o primeiro modelo de servizo de apoio a familias, en cuxa
elaboración e revisión participaron profesionais e familiares das distintas federacións.
En 2009, publicouse unha segunda edición que incluía un capítulo cos procesos esenciais do
servizo.
Pasaron case dez anos e moitas cousas cambiaron:
FEAPS deu paso a Plena inclusión.
Temos unha nova misión que nos obriga a ofrecer apoios e oportunidades para que
cada familia teña o seu propio proxecto de calidade de vida.
#Comprometer con cada persoa e cada familia, recoñecendo que cada
familia é única e que ten un proxecto singular.
Temos un plan estratéxico, o quinto, que ten como un dos seus horizontes
fomentar unha política de apoio a familias desde un enfoque centrado en familia.
Asumimos, por tanto, o enfoque centrado en familia que conleva:- unha nova visión e un novo rol das familias;- un novo rol dos profesionais, máis de colaboración e menos de experto;- unha organización de servizos e entidades que promovan este enfoque.
Tamén no V Plan estratéxico recóllense como obxectivos:- Aumentar significativamente o acceso das familias aos servizos de apoios
a familias.- Ter recoñecido o servizo de apoio a familias nas carteiras de servizos das
comunidades autónomas.
A UDS estatal de familias (equipo formado por familiares e profesionais de entidades de Plena
inclusión), en setembro de 2016, asumiu unha das accións recollidas no Plan Estratéxico e
iniciou a revisión e actualización do modelo do servizo de apoio a familias.
En maio de 2018 enviou ás federacións unha proposta de servizo que incorporaba os
principios e fundamentos do traballo con familias asumidos por Plena inclusión, para que familias
e profesionais fixesen chegar a súa opinión e achegas, para construír entre todos un modelo
de servizo aliñado coa nosa nova misión, cos nosos valores e co enfoque centrado
en familia.

