Modelo de calidade Plena. 1. Glosario. Lectura fácil

Datos Xerais:

Categoría: calidade

Publicado: 2022

Editorial: Plena inclusión España

Lectura Fácil: Si

Publicación para: persoas con discapacidade

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Calidade de vida

Descrición:

Apoiar e atender as persoas con discapacidade
e as súas familias é algo moi importante.
Moitas organizacións traballamos niso.

Pero non vale só con traballar
con moitas ganas ou boas intencións.
Ademais, é importante facelo ben.
É dicir, facelo con calidade.

A calidade é unha obrigación
que temos as organizacións.
Tamén é un dereito
que teñen as persoas con discapacidade
e as súas familias.

Este documento explica palabras difíciles
sobre a calidade das organizacións.

As palabras deste documento ou glosario
están ordenadas como o alfabeto.