Modelo de calidade. 2. Explicación do modelo. Lectura doado
Datos Xerais:
Categoría: calidade
Publicado: 2022
Editorial: Plena inclusión España
Lectura Fácil: Si
Publicación para: persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Calidade de vida
Descrición:
Apoiar e atender as persoas con discapacidade
e as súas familias é algo moi importante.
Moitas organizacións traballamos niso.
Pero non vale só con traballar
con moitas ganas ou boas intencións.
Ademais, é importante facelo ben.
É dicir, facelo con calidade.
A calidade é unha obrigación
que temos as organizacións.
Tamén é un dereito
que teñen as persoas con discapacidade
e as súas familias.
Pero como podemos saber
que traballamos con calidade?
Neste documento,
explicamos o modelo de Calidade Plena.

