MÍNIMOS PARA A PARTICIPACIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL E DO DESENVOLVEMENTO
Datos Xerais:
Categoría: Protocolos internos
Publicado: 2026
Autoría: Plena inclusión España
Editorial: Plena inclusión España
Financiación: Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030 (X Solidaria) // Fundación ONCE
Publicación para: profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Decidir con apoios
Descrición:
As persoas con discapacidade teñen dereito a participar nas súas asociacións e a formar parte dos espazos onde se toman decisións, como as xuntas directivas. Para que unha persoa con discapacidade intelectual e do desenvolvemento poida participar en igualdade, é importante contar con apoios e adaptacións. Nesta infografía atoparás:
-No primeiro apartado, explícanse os apoios persoais, que axudan á persoa para participar, en igualdade de condicións que o resto de membros, na xunta directiva ou en espazos similares
-No segundo apartado, preséntanse as adaptacións necesarias a realizar antes, durante e despois da reunión, para que a información, a comunicación e a toma de decisións sexan accesibles.

