Memoria de actividades 2024
Datos Xerais:
Categoría: Memorias e Plans
Publicado: 2025
Autoría: Plena inclusión España
Publicación para: empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Asociacións
Descrición:
2024 foi un ano moi especial
para Plena inclusión.
Celebramos o noso 60 aniversario,
e fixémolo con orgullo, emoción
e, sobre todo, coa mirada
posta no futuro.
Queremos compartir
algúns dos momentos
que fixeron único este ano.
O 28 de abril vivimos
unha xornada inesquecible
cun concerto conmemorativo
no Auditorio Nacional.
Alí, 38 artistas
de 14 comunidades autónomas
subiron ao escenario para mostrar
o inmenso talento das persoas
con discapacidade intelectual e do desenvolvemento..
Foi un éxito rotundo
que nos emocionou a todos.
Uns días despois, en maio,
Santander acolleu o Congreso
Internacional sobre emprego.
Durante todo o
ano traballamos con forza
para reforzar as nosas organizacións,
entregamos ao ministro de Dereitos Sociais,
Consumo e Axenda 2030,
Pablo Bustinduy, un documento
que pide un acordo pola dignidade
do sector da discapacidade.
Outro dos grandes piares
deste ano foi o proxecto
‘A miña casa: unha vida en comunidade’,
que nos axudou a entender mellor
como apoiar ás persoas
para que vivan con máis autonomía
nos seus barrios.
Tamén estivemos presentes en Reus,
nun evento de Special Olympics
onde participaron 450 deportistas de 9 países.
Foi unha homenaxe emocionante a Enric Blesa,
unha figura fundamental do deporte inclusivo.

