Memoria 2017: Conectados pola accesibilidade
Datos Xerais:
Categoría: Accesibilidade
Publicado: 2018
Editorial: Plena inclusión España
Publicación para: persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Accesibilidade cognitiva , Tecnoloxía
Descrición:
Conectados pola accesibilidade é unha comunidade
formada por máis de 100 entidades.
Nesta comunidade
hai máis de 2.300 persoas con discapacidade e profesionais.
A comunidade comparte máis de 5.000 apoios.
Esta comunidade é unha forma de atoparse e conseguir
solucións e ferramentas coa tecnoloxía
para mellorar a vida das persoas con discapacidade intelectual.
A comunidade está en España,
pero tamén empeza a crecer por outros 6 países europeos:
Portugal, Francia, Alemaña, Austria, Polonia e Irlanda.

