Maternidade – Paternidade En Persoas Con Discapacidade Intelectual
Datos Xerais:
Categoría: ÁREA SOCIAL
Publicado: 2019
Autoría: Xabier Etxebarría
Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Ética
Descrición:
Ningunha consideración sobre o tema da maternidade-paternidade das
persoas con discapacidade intelectual pode ignorar que remite a un dereito,
recoñecido especificamente pola ONU e ratificado por España. A reflexión que
aquí se ofrece se enraíza na asunción deste dato básico. Unha asunción: a)
que se pretende, á vez, empática e lúcida; b) que pon en interconexión o
que implica este dereito coas demandas doutros dereitos en xogo,
especialmente os dos futuros fillos –de acordo co principio de interdependencia
de dereitos-; c) que resalta decididamente os apoios e os
acompañamentos que, asentados na xustiza e a solidariedade, corresponde
ofrecer á sociedade en xeral e ás institucións públicas en particular
cando se expón o exercicio, ou mesmo a inhibición, deste dereito; d) que
considera o desfrute deste dereito, por parte das persoas con discapacidade
intelectual, no marco xeral do seu desfrute por parte do
conxunto da poboación.
A conclusión á que se chega é que haberá persoas con tales circunstancias de discapacidade
intelectual que, contando con apoios adecuados razoables, teñen
suficiente competencia para exercer o dereito á paternidade, para ser
excelentes pais e nais; mentres que haberá outras circunstancias nas que
é desaconsellable que se aboque ao exercicio da paternidade-maternidade, non
só pensando no ben do futuro neno e o desfrute dos seus dereitos, senón no
ben da propia persoa con discapacidade. Unha conclusión como esta pide
discernimientos e procesos que, á súa vez, reclaman acompañamentos adecuados
e firmemente personalizados. Nesta reflexión ofrécense orientacións
xerais para eles; a tarefa que queda pendente é concretalas en guías
de boas prácticas que estean moi atentas á complexidade e pluralidade da
realidade.

