Manual de mesa. Eleccións europeas 2024. Galego. Lectura fácil

Datos Xerais:

Categoría: Accesibilidade

Publicado: 2024

Editorial: Plena inclusión España

Lectura Fácil: Si

Publicación para: persoas con discapacidade

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Accesibilidade cognitiva

Descrición:

Este documento explica o que tes que facer se participas nunha mesa electoral nas elección ao Parlamento Europeo do día 9 de xuño. A mesa electoral é o lugar onde entregamos o noso voto para elixir aos políticos e políticas que queremos que nos representen. Nas eleccións ao Parlamento Europeo votamos ás persoas que queremos que nos representen no Parlamento Europeo. O Parlamento Europeo é a institucións da Unión Europea onde se representan os intereses dos cidadáns e cidadás da Unión a través de deputados e deputadas. O Parlamento Europeo está formado por representantes elixidos polos cidadás e cidadáns dos 27 estados membros sumando un total de 750 eurodiputados e eurodeputadas mais o seu presidente. O Parlamento Europeo ten as seguintes funcións: • Representa os intereses dos cidadáns e cidadás da Unión. • Participa no proceso de elaboración de leis. • Garante o funcionamento democrático doutras institucións da Unión. • Aproba o presuposto da Unión.