Manual de mesa. Eleccións europeas 2024. Castelán. Lectura fácil

Datos Xerais:

Categoría: Accesibilidade

Publicado: 2024

Editorial: Plena inclusión España

Lectura Fácil: Si

Publicación para: persoas con discapacidade

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Accesibilidade cognitiva

Descrición:

Este documento explica o que tes que facer  
se participas nunha mesa electoral 
nas eleccións ao Parlamento Europeo  
do día 9 de xuño. 
A mesa electoral é o lugar onde poñemos o voto  
para elixir os políticos e políticas 
que queremos que nos representen.  
Nas eleccións ao Parlamento Europeo votamos  
ás persoas que queremos que nos representen 
no Parlamento Europeo. 
O Parlamento Europeo é a institución  
da Unión Europea que representa os intereses  
dos cidadáns e as cidadás dá Unión Europea 
a través de deputados e deputadas.  
O Parlamento Europeo está formado por representantes  
elixidos polos cidadáns e cidadás dos 27 estados membro.  
Son 750 eurodeputados máis o seu presidente. 
O Parlamento Europeo ten as seguintes funcións: 
• Representa os intereses  
dos cidadáns e cidadás da Unión Europea. 
• Participa no proceso de elaboración de leis.  
Garante o funcionamento democrático  
doutras institucións da Unión Europea.  
• Aproba o orzamento da Unión Europea.