Manifesto de Cermi polo Día Internacional da Muller 2018
Datos Xerais:
Categoría: Xustiza
Publicado: 2018
Publicación para: persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Muller
Descrición:
Hoxe 8 de marzo con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, as
mulleres con discapacidade queremos unha vez máis trasladar ante quen ten
responsabilidade no deseño e posta en marcha de políticas públicas e ante a sociedade en xeral
, as nosas reivindicacións como mulleres nun ámbito tan importante como é o da
xustiza.
Aínda cando vivimos nun Estado cuxa Constitución declara que todas as persoas teñen
dereito a obter tutela efectiva dos xuíces e tribunais no exercicio dos seus dereitos e
intereses lexítimos, sen que, en ningún caso, poida producirse indefensión (art. 24.1 da
Constitución) con todo, a realidade pon de manifesto como o acceso á xustiza segue
estando vetado para miles de mulleres con discapacidade, que enfrontan obstáculos de toda
índole á hora de facer valer os seus dereitos en sede xudicial.

