Investigación sobre a situación das mulleres con discapacidade intelectual e do desenvolvemento en relación cos seus dereitos sexuais e reprodutivos (Resumo executivo)
Datos Xerais:
Categoría: Accesibilidade
Publicado: 2022
Autoría: Equipo investigador: Amparo Moreno Hernández y Helena Pérez de la Merced. UAM/IUEM
Editorial: Plena inclusión España. Avenida General Perón 32, 1º. 28020. Madrid. info@plenainclusion.org 91 55 74 13.
Coordina: Rosa Pérez Gil. Plena inclusión
Financiación: Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030, a través de la X Solidaria
Publicación para: administracións públicas , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Muller
Descrición:
Como están os dereitos sexuais
e reprodutivos das mulleres
con discapacidade intelectual?
A reprodución significa
ter fillas ou fillos se queres.
Plena inclusión fixo un estudo
sobre este tema.
O equipo investigador
formárono profesoras da
Universidade Autónoma de Madrid
e o Instituto Universitario
de Estudos da Muller.
Case 500 mulleres
con discapacidade intelectual
participaron nun cuestionario.
O estudo fíxose
grazas ás súas respostas.
Algúns datos que dá o estudo
son estes:
Máis da metade non ten parella.
Das mulleres que teñen parella
moi poucas viven con ela.
A maioría das mulleres
que non teñen parella
quererían ter unha.
A maioría das mulleres
fala pouco ou nada sobre sexo.
8 de cada 10 mulleres
non ten relacións sexuais.
Máis da metade
non se masturba.
Masturbarte é darche pracer
a ti mesma.
Só 6 de cada 100 mulleres
ten fillas ou fillos.
A maioría das mulleres
non elixiu os anticonceptivos
que usa.
Case todas as mulleres
que participaron non saben
se poden quedarse embarazadas
ou non.
Grazas a este estudo
coñecemos mellor a situación.

