Iniciativas para o emprego
Datos Xerais:
Categoría: Emprego
Publicado: Marzo 2024
Autoría: Servizo de emprego e formación de FADEMGA
Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Descrición:
A inclusión laboral en empresas ordinarias é un factor esencial para formar parte dunha comunidade e permítenos converternos en membros de pleno dereito da sociedade que queremos construir.
Ao mesmo tempo, permite o noso desenvolvemento individual, incidindo de forma directa na mellora da nosa calidade de vida a través da participación social e a autodeterminación.
O proxecto de emprego e formación de FADEMGA pretende abrir portas e facilitar o acceso ao mercado de traballo ordinario a todas as persoas con discapacidade intelectual que así o desexan, mediante a formación teórico-práctica centrada nas súas necesidades e en potenciar as súas habilidades.
Afortunadamente, cada día son máis as empresas implicadas neste proxecto: unha mostra da aposta pola inclusión social e laboral deste colectivo que ten o dereito para ser parte activa da sociedade.
Neste pequeno dossier podes coñecer con detalle o noso servizo de emprego con apoio así como os seus beneficios e vantaxes, tanto para as persoas con discapacidade intelectual como para a empresas empregadoras.