Informe sobre as vulneracións de dereitos humanos a persoas con discapacidade intelectual 2019

Datos Xerais:

Categoría: Xustiza

Publicado: 2020

Autoría: Área jurídica de Plena inclusión España

Editorial: Plena inclusión España. Madrid. 2019. Avenida General Perón, 32. Planta 1. Código postal 28020. Madrid info@plenainclusion.org www.plenainclusion.org

Coordina: Inés de Araoz.

Publicación para: profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Participación

Descrición:

Este informe ten por obxectivo facer visibles os casos de incumprimento da Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade (en diante, a Convención) en España en 2019, evidenciando a situación alarmante na que se achan os dereitos das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento actualmente.

As situacións reflectidas neste informe chegaron desde distintas canles. Na súa maioría, a partir da prensa e do formulario de denuncias de Plena inclusión –lanzado en 2019 para rexistrar denuncias de discriminacións contra persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e aberto para a súa utilización por toda a cidadanía.

A continuación, presentaranse as situacións de vulneracións de dereitos seguindo a orde do articulado da Convención.

Tamén se recollen avances xurisprudenciais na garantía dos dereitos das persoas con discapacidade e a perspectiva do Comité sobre os dereitos das persoas con discapacidade sobre o tema, a través das súas observacións finais a España, publicadas en abril de 2019.