Informe Irmáns/as adultos de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. Revisión de datos comparativos España-EEUU

Datos Xerais:

Categoría: Familias

Publicado: 2017

Editorial: Plena inclusión España

Publicación para: familias

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Familias

Descrición:

Resulta evidente que a presenza dunha persoa con discapacidade intelectual e/o do desenvolvemento (DI/ DD) nunha familia vai exercer algún tipo de influencia sobre os seus irmáns/as1 se os tivese. O que desde fai xa moito tempo preguntámonos é se esta influencia é positiva ou negativa, se é diferente á influencia que sobre os seus irmáns/as vai ter unha persoa cunha discapacidade doutro tipo (sensorial, motora…), unha enfermidade grave ou, simplemente, se esta influencia vai diferir da que os irmáns e irmás sen discapacidade van ter uns sobre outros. Ademais, hai un enorme interese por identificar as variables que van influír na relación entre os irmáns/as con e sen DI/ DD, así como aquelas que van afectar, positiva ou negativamente, aos irmáns/as sen DI.